Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Curabitur pharetra dapibus pharetra. Donec interdum eros eu turpis pharetra et hendrerit est ornare. Etiam eu nulla sapien. Nullam ultricies posuere nunc, eget mollis nulla malesuada quis.

O Galiñeiro

Este singular e máxico galiñeiro ten catro galiñas moi poñedoras. Os xogadores terán que espertalas, cantar con elas e debullar o millo para darlles de comer.

A casa do rato

Nesta casa vive un ratiño presumido e brincador que só se deixa ver cando os xogadores son capaces de meterlle un queixo rolando pola súa porta.

“Ratiño, gústache o queixo?”

Os porquiños

O san Martiño non é santo de devoción destes zoupóns porquiños, pois sempre pretenden escapar ás carreiras do seu destino valéndose das destrezas e mañas dos equipos de xogadores.

Os papamoscas

Son uns xigantes malencarados de grande boca e longos brazos. Estes xigantes realizan un baile chamado a “Danza da sorte”, no que os participantes deberán tentar tocalos mentres bailan, pero iso si, sen que lles dean unha labazada.

A lonxa

É un divertido xogo de pesca no que hai que competir para capturar as especies máis cotizadas nese momento na lonxa. Os xogadores aprenden a diferenciar pola súa forma e nome os distintos peixes das nosas rías.

A rá de Santo Antón:

Esta rá tan especial abre unha grande boca para que gracias a túa puntería encestes as fichas.

A ruleta

“Abran xogo, sempre toca! Se non é un zapato, é unha bota!”

A sorte nunca se sabe onde se agocha, pero sempre hai que procurala.

O Paporrubio

O Paporrubio é un simpático paxariño que sae da súa casa cantando e bailando para presentarnos os xogos

O pipo:

O xogo do pipo é a versión da casa do rato para os maiores e precisa de puntería e habilidad para introducir as rodas de madeira pola porta.

O bocón:

Este vello bocón precisa que encestes as bolas de cores para adiviñar en que número caen.

O Boi:

Este boi de cornos apuntados precisa que lle boten a corda para amansalo.